Un veciño de Marín de 45 anos de idade morreu tras ser atacado cun coitelo por parte do cociñeiro do barco no que faenaba, en augas do Atlántico Sur. Outros tres tripulantes resultaron feridos, un de eles, o patrón de pesca, de Cangas do Morrazo.
Ainda que trascenderon este martes, os feitos producíronsea noite do pasado venres ao sábado, cando, por motivos que se descoñecen, se produciu o ataque por parte do cociñeiro. Outros tres tripulantes, un cangués, un portugués e outro indonesio, interpuxéronse para evitar a agresión e resultaron feridos, de feito, o mariñeiro de Cangas chegou a ter que refuxiarse na ponte da embarcación para evitar ser atacado tamén.
Estes mariñeiros faenaban a bordo dunha embarcación palangreira de bandeira portuguesa, o “Príncipe dás marés” que, logo do acontecido, puxo proa a Cabo Verde, a onde está previsto que chegue entre o 21 e o 22 de outubro, e onde pasará a mans das autoridades locais para facerse cargo do presunto agresor e do cadáver.