Esa sería a rebaixa real do tramo do Imposto da Renda das Personas Físicas (IRPF), correspondente ao tramo que xestiona a administración galega, anunciado onte por Feijóo. Segundo o presidente, que non concretou cando ou cómo ia a facer a devandita rebaixa, a mesma beneficiaría aos galegos que tivesen unha base liquidable de ate 17.000 €, de xeito que pasarían de tributar ao 11,5% dende o 12% actual.
O presidente salientou que desta medida beneficiariánse o 70% dos galegos, pero a realidade é que, consultando a lexislación, a mellora abranguiría a todos, xa que esa rebaixa supón que os primeiros 17.000 € que declarados irían ao 11,5%, recuperándose nos tramos seguintes do IRPF a porcentaxe que teñen.
Elo supón que unha persona que declare, por exemplo, 120.000 € de ingresos anuais, tributaría ao 11,5% – e non ao 12% – os primeiros 17.000, de xeito que resultaría beneficiado, do mesmo xeito que quen declare 12.000 €, dez veces menos.
Ademáis delo, eses 7 € ao mes non compensarían, nin de lonxe, a suba do imposto sobre os carburantes, o chamado ‘céntimo sanitario’- xa anunciado pola conselleira de Facenda- que encarecería en 2,6 € encher un depósito medio de gasolina dun coche