Comarcas

Colle a mochila, que dan comenzo as Peque-rutas

Foto de www.galicamaxica.eu

A Asociación Cultural O Coto é o único grupo de Vigo cunha programcación estable de rutas de senderismo, enfocado especialmente para familias e nenos. Despois das vacacións de verán, voltan a dar comenzo a tempada o vindeiro 20 de outubro.

Para esta ocasión elexiron unha fermosa ruta, será pola Senda da levada de Casqueiros en Pazos de Borbén.

Toma boa nota se non te queres perder esta andaina. Darase saída dende o Colexio Carballal en Cabral, as 11:00 horas do domingo día 20.

O percorrido será de  5 quilómetros. Dará comenzo na reitoral de Pazos de Borbén o cal transcorre na súa gran maioría pola levada de Casqueiros.

A levada de Casqueiros é un sistema de rego tradicional que facilita o consumo responsable de auga mediante o reparto das horas de uso entre os regantes. Ademais de contar con unha fermosa paixase onde todos poderán disfrutar dela.

Para calquera outra información, podedes poñervos en contacto coa Asociación Cultural O Coto a través de estes números de información 986487957-676524529 ou ben a través da súa páxina  www.ocoto.org

También te puede interesar