Galicia

400 millóns de orzamento en infraestructuras en toda Galicia o ano que ven

A Consellería de Infraestruturas destina uns 400 millóns a infraestruturas nas catro provincias -185 millóns a A Coruña, 102 a Pontevedra, 62 a Ourense e case 58 a Lugo- para actuacións en 2014, segundo informa o Goberno galego.

Na provincia de Pontevedra,para conservación de estradas destínanse 17,87 millóns (crece un 20%). Ademais, achéganse 28 millóns para a supresión de peaxes tanto en O Morrazo -supresión da peaxe de Rande-, como na AG-53 (Dozón-Ourense), xunto á redución da tarifa da AG-57, en Val Miñor.

O Executivo autonómico achega 800.000 € para a redacción dos proxectos construtivos do desdobramento do corredor do Morrazo. Ademais, continúan os investimentos na Vía de Altas Prestacións (VAP) Tui-A Garda, onde a Consellería achegará 2,76 millóns de euros para a súa finalización e posta en servizo do tramo III.

Así mesmo, os accesos a Plisan contarán cunha inversión de case dous millóns de euros que permitirán tamén a súa finalización, e máis de 5 millóns en actuacións de mellora da seguridade viaria por parte da AXI.

As actuacións de Augas de Galicia suman un total de 30,32 millóns. Nelas, inclúese a EDAR de Vigo, que pasa dun investimento de 8,57 millóns en 2013 a 9,77 millóns. Tamén se segue traballando para a rede de saneamento de Gondomar (1,17 millóns), da EDAR de Baiona (1,09 millóns), a ETAP de Nigrán (1,09 millóns) e a xestión do ciclo urbano da auga do Louro (0,67 millóns). Así mesmo, as actuacións do Plan Umia contarán con 850.000 €, mentres que a nova ETAP de Cerdedo, contará con 1,12 millóns.

Para vivenda e chan na provincia de Pontevedra destínanse 8,98 millóns; para calidade e avaliación ambiental 1,13 millóns; e máis dun millón en conservación da natureza.

 

También te puede interesar