Galicia

157.500 parad@s galeg@s leva máis dun ano buscando traballo

O 60% d@s parad@s galeg@s leva máis dun ano buscando un emprego, segundo un estudio difundido este martes por Randstad a partir dos datos da última Enquisa de Poboación Activa (EPA).

Segundo este informe, no terceiro trimestre de 2013, uns 157.500 parados galegos -dun total de 263.200- levaba máis dun ano buscando un emprego, deles, un total de 60.000 tentaban atopar un traballo dende había máis de 12 meses e menos de 24, mentres que outros 97.400 dedicaran xa máis de dous anos.

No conxunto do Estado, o 62% dos máis de 5,5 millóns de parados contabilizados a peche do terceiro trimestre do ano, en concreto, 3.439.900 desempregados, leva máis dun ano buscando emprego, cifra que case multiplica por nove a do terceiro trimestre de 2007 o que significa 387.100 parados-.

Dos 3.439.900 parados de longa duración existentes ao finalizar setembro, o 39%- esto é 2.165.100- levaba dous anos ou máis intentando conseguir un traballo, mentres que o 23%- 1.275.700- levaba entre un ano e menos de dous anos.

Durante os anos de crise, a porcentaxe de desempregados de longa duración sobre o total de parados pasou de representar o 26 a supoñer o 62% 40 puntos de incremento entre o terceiro trimestre de 2007 o mesmo trimestre de 2013.

 

También te puede interesar