Vigo al minuto

Un estudo de Investigacións Mariñas atopa altas concentracións de cobre na Ría, especialmente en Teis e Bouzas

Esa é unha das conclusións dun estudo realizado polo Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo, integrado no Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC). Segundo as mostras de sedimento obtidas dende 1999 en 12 das 18 rías galegas– as de Vigo, Pontevedra, Arousa, Muros, Corcubión, Camariñas, Laxe, A Coruña, Ferrol Ortigueira, Barqueiro e Viveiro- , hai un alto índice de contaminación por cobre nas de Vigo e Ferrol.

As análise sinalan que a mesma acada os 480 miligramos de cobre por kilo de sedimento seco, moi superior aos 270 miligramos por riba dos que os índices convertense en incompatibles coa vida, segundo o xefe do grupo de Bioxeoquímica Mariña que realizou o estudo.

Doutra banda, os niveles máis baixos apereceron nas rías de Ortigueira, Barqueiro y Viveiro, con niveles menores de 30 miligramos que causan danos menores nos seres vivos.

A causa do alto nivel en Ferrol e Vigo débese á concentración de tráfico de buques e á actividade de construcción naval dos asteleiros xa que o cobre aplícase na pintura dos cascos dos barcos para que non de peguen aos mesmos os organismos mariños. De feito, Teis e Bouzas son as máis afectadas.

Tamén hai alta concentración de cobre en Noia, Rianxe e O Grove que, ainda que non presentan ese tráfico de barcos sí terían unha considerable aportación do metal dende terra ou procedente dos ríos.

 

También te puede interesar