Comarcas

As Neves dispón dun novo vehículo para mantemento da riqueza forestal e extinción de incendios

O alcalde, Raúl Emilio Castro, recibindo a nova 'picap', este xoves, diante do Concello

O alcalde de As Neves recibiu, este xoves, en nome do Concello, un novo vehículo do tipo ‘picap’ que destinarase, principalmente, ao desprazamento de persoas ou materiais, para levar a cabo actuacións que teñen por obxecto a prevención, extinción e xestión de situacións de risco.

As ‘picap’ son unha clase de camionetas empregadas , xeralmente, para o trasporte de mercancías, e que teñen na parte traseira unha zona de carga, chamada Caixa, cama ou palangana e que, neste caso pode cubrirse cunha lona ou unha estructura de fibra de vidro.

Neste caso trátase dun modelo Ford Ranger, que pode transportar unha carga últil de 1.265 quilos e remolcar ate 3.500 cun baixo consumo e especialmente respetosa co medio ambiente posto que sigue as normativas Euro Stage sobre emisións á atmosfera.

O novo coche – comprado polo concello, como detallou Raúl Emilio Castro, cunha subvención do Fondo de Compensación Ambiental da Vicepresidencia da Xunta -, participará na “realización de  traballos de mellora e mantemento da riqueza forestal do concello e para actuacións en materia de extinción de incendios”.

 

También te puede interesar