O 12 de novembro finaliza o prazo para optar a unha das 88 bolsas que ofrece a Deputación de Pontevedra a novos licenciados. Estas prácticas laborais ten unha duración dun ano e os soldos varían entre os 600 €-para titulados en ciclos medios- ata os 800 € -con títulos universitarios-.
A Deputación informa de que correrá con todos os custos laborais, ao tempo de que apunta que un dos principais requisitos para elixir ás empresas que participan este programa son as garantías de continuidade dos bolseiros unha vez finalice o ano previsto, “algo que garanten a maior parte” das compañías.
O obxectivo deste programa é dar unha oportunidade aos novos titulados que nunca tiveron ocasión de traballar naquilo no que foron formados, de forma que se facilita a súa posterior inserción laboral.
En total, este plan está dotado con catro millóns de euros e beneficiará a 424 bolseiros, se ben a convocatoria ata o 12 de novembro é para 88 persoas, que espera estean contratados antes de final de ano.
A titulación máis demanda é Dirección e Administración de Empresas, seguida do Ciclo Superior de Administración e Finanzas, segundo informa a Deputación, mentres que Vigo é a que máis empresas inclúe neste programa.