O temporal de vento en mar e chuvia que afecta a Galicia, e que fixo que a Xunta decretase a alerta laranxa, está a causar moitos problemas nas estradas e nos cascos urbáns de varias cidades e concellos. Este é o caso de Fornelos de Montes, onde se mediron precipitacións de máis de 54 litros por metro.
Segundo datos dos servizos meteorolóxicos, medíronse ondas de máis de 6 metros en varios lugares do país, entre eles Punta Langosteira, onde superaron os 6,28 metros, mentras que no caso de A Coruña subiron ate os 5 metros e medio.
No que se refire as choivas, ademáis de Fornelos, recolléronse 51,4 litros en Forcarei, preto de 42 en Cotobade e máis de 50 en Cuntis, dacordo coa información de MeteoGalicia.