Sucesos

Dous veciños de Poio ingresados logo de verse afectados por inhalación de fume tras o incendio dun televisor

F.J.D.A, un home de 45 anos, e A.A.M., unha muller de 87, tiveron que ser evacuadas a un hospital, a pasada noite, logo de verse afectados por inhalación de fume debido a un incendio na súa vivenda en Poio por un curtocircuíto nun televisor.

O 112 recibiu o aviso do suceso pasadas as 10 e media da noite e alertou aos bombeiros de Ribadumia, á Policia, ao 061 e a Protección Civil. Ao chegar ao lugar comprobouse que as dúas personas presentaban síntomas derivados da inhalación polo cal foron trasladados inmediatamente por unha ambulacia medicalizada ao Hospital Montecelo.

 

También te puede interesar