Galicia

O goberno galego quere mobilizar 1.625 millóns de euros en innovación ate o ano 2020

O Goberno galego ven de presentar o que denominou unha ‘estratexia RIS3’ de especialización intelixente coa que captará “unha parte moi importante” dos máis de 2.700 millóns de fondos estruturais que a comunidade prevé recibir no novo presuposto 2014-2020. O obxectivo é mobilizar meses seis anos 1.625 millóns e incrementar a participación da empresa privada dende o 42 ao 50%.

Así o anunciou o presidente Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía e Industria, logo do Consello da Xunta, nunha comparecencia na que salientou que se potenciará a creación de centros investigadores por parte de compañías que xa operan e impulsan proxectos innovadores no territorio galego como por exemplo Citroën, Telefónica, Indra ou Siemens.

O conselleiro avanzou que, a través da Axencia Galega de Innovación, se promoverá unha liña de axudas para facilitar que as empresas poidan instalar en Galicia unidades e centros de investigación, que estará dotada cun millón de euros.

Segundo remarcou o xefe do executivo, o obxectivo deste programa é “reinventar” o actual modelo produtivo galego, de xeito que se posibilite un crecemento “sostible” e a creación de emprego “estable e de calidade”.

 

También te puede interesar