Sucesos

Recuperan o cadáver dunha veciña de Marín, de 59 anos, no río Loira

Segundo confirman os Servizos de Emerxencias, este domingo pola tarde foi recuperado o cadáver dunha muller no río Loira, en Marín. Foi un veciño o que alertou da presenza do corpo no río, preto do cemiterio, na parroquia de Santo Tomé.

Axiña achegáronse ao lugar axentes da Policía Nacional, Protección Civil e bombeiros do Morrazo. O corpo da muller, veciña da zona de 59 anos, que se cré que saira a recoller castañas, foi recuperado da agua e o xuiz está a proceder ao levantamento do cadáver.

 

También te puede interesar