Comarcas

Denuncian o intento de traspasar á propiedade privada o ‘Colexio das Monxas de Tortoreos’ en As Neves

O Colexio das Monxas de Tortoreos, en As Neves, -un magnifico edificio de principios do século XX cunha exquisita capela barroca- foi cedido pola Marquesa do «Pazo da Merced», Dona Purificación Fontán, para uso educativo, con carácter gratuíto e destinado, esencialmente, aos veciños e veciñas de Tortoreos. No suposto de que o uso educativo gratuíto non puidera levarse a cabo o edificio debería destinarse a asilo de anciáns e/ou de enfermos pobres das ditas parroquias (estipulación décima).

Segundo indica o Bloque Nacionalista Galego, para administrar esta propiedade, e velar polo cumprimento dos seus fins, constituíuse unha Fundación denominada “Fundación Benéfico Docente Colegio de la Virgen de la Merced e a representación desta Fundación recaeu nun Patronato formado por: Presidente: O Sr. Obispo de Tui-Vigo, Vicepresidente e Administrador Depositario: O Sr. Cura párroco de Tortoreos, Vocal: O Sr. Cura párroco de As Neves, Vocal: O Alcalde de As Neves, Secretario: Coadxutor de Tortoreos e  Vicesecretario: Coadxutor de As Neves.

O día 30 de abril de 1974, sendo Obispo de Tui-Vigo o Sr. Delicado Baeza, celebrouse contrato co “Centro de Iniciativas para la Formación Agraria” (CIFA) polo que o Patronato da Fundación Colegio Virgen de la Merced” puña a disposición da EFA o inmoble e a finca do “Colexio das Monxas” por un período de 60 anos -que rematan o ano  2034-.

En setembro de 1999 CIFA cedeu á Fundación para a Promoción e Desenrolo Rural (Fundesar) o uso do edificio nas condicións que lle foran recoñecidas, (obrigas, dereitos de uso e tempo de duración).

Recentemente constituíuse a «Fundación EFA A Cancela», tendo entre ás socias e integrantes do Patronato a María del Carmen Gil, concelleira de Benestar e tenente de alcalde de As Neves e “esta Fundación rexe de facto dende principios de ano o colexio das monxas, todas elas vinculadas ao Opus Dei”.

Recentemente «EFA A Cancela» iniciou xestións co Patronato da “Fundación Benéfico Docente Colegio de la Virgen de la Merced”, «é dicir, co Alcalde e o cura das Neves, o Bispo, o cura de Vide e o cura de Tortoreos, para legalizar a súa situación e -polo que parece- insistir na idea de facerse coa propiedade do edificio baixo o pretexto de ser necesario acometer obras de rehabilitación moi importantes. O que non deixa de ser paradoxal pois unha das condicións impostas para cesión de uso gratuíto por sesenta anos é precisamente o seu mantenimento».

Xa en xuño de 1990 se reunira o Patronato da Fundación para tratar da cesión da propiedade do edificio do “Colexio das Monxas” á EFA; e acordaran daquela cederllo gratuitamente impoñéndolle cinco condicións sobre o seu uso. “Esa cesión non chegou a materializarse porque houbo unha total oposición das veciñas e veciños”.

As Asociacións de veciños, culturais, de montes, os grupos políticos do BNG e PSOE, e a sociedade civil xeral da parroquia de Tortoreos no concello de As Neves, de novo, queren mostrar a súa preocupación por esta nova, e rexeitan por completo calquera intento de cesión da propiedade  deste inmoble a calquera particular ou institución privada, pois a vontade da «benefactora» foi o seu uso público e gratuito.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.