Un responsable do gabinete do presidente Feijóo comprometeuse este xoves con representantes de Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública a que o xefe do executivo galego os reciba nos vindeiros días para falar do ‘copagamento’ das medicinas nas farmacias dos hospitales.
A devandita plataforma, subliña nun comunicado, que pedira o encontro con Feijóo para “urxirlle a que paralice a aplicación do copagamento de medicamentos de dispensa hospitalaria para pacientes ambulatorios con enfermidades graves ou crónicas e debater sobre o futuro da sanidade pública galega”.
Para pedir esa xuntanza, desprazárionse ate a sede da Xunta, en San Caetano, os alcaldes de Riotorto e Pobra de Brollón, ademáis da responsable da CIG-Saúde, quenes chegaron ate a entrada do despacho do presidente onde un membro do seu gabinete comprometeuse a que serían recibidos “nos próximos días”.
A plataforma agarda que a cita sexa “canto antes” xa que, advertiron os seus responsables, “se non é así, pecharémonos en San Caetano ate que Feijóo fale con nós”.
Na súa opinión as medidas que aprobou o Goberno do Estado o o Galego no eido da Sanidade, “teñen como única finalidade excluír do sistema sanitario aos enfermos e aquelas persoas que non teñen recursos económicos para facer fronte ao copagamento porque o PP traballa para que só os ricos teñan dereito á saúde”.
Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública participará na manifestación que se celebrará este domingo, día 17, en Santiago de Compostela baixo o lema ‘O copagamento mata, por unha sanidade galega gratuíta’, que partirá da Alameda ao mediodía.