O 16,6% dos fogares galegos chegan a final de mes con moitas dificultades, o que supón a porcentaxe máis alta dende o comezo da crise, segundo a enquisa de Condicións de Vida, elaborada polo Instituto Nacional de Estadística (INE).
Dacordo cos datos feitos públicos este mércores, esta cifra foi aumentando dende o comezo da recesión, en 2007, pasando do 9,2% ese ano, ao 10,5% en 2008, o 13% en 2009, o 12,8% en 2010, o 11,3% en 2011, o 11,9% o ano pasado e ao 16,6% este 2013.
Ademáis, os fogares que chegan con dificultade a fin de mes son xa o 20,3%-fronte ao 17,4% en novembro do ano pasado– de xeito que o 37% das familias galegas declara que teñen dificultades para pagar os gastos mensuais.
O mesmo estudo indica que o 57% das familias galegas non poden permitirse sair de vacacións nin unha semana ao ano – en 2012 era o 48%- , o 38% non ten capacidade para facer fronte a gastos non agardados – hai un ano era o 34,8%- , e o 5,2% retrasouse nos pago do aluguer, a hipoteca ou a electricidade nos pasados 12 meses.