Stop Desahucios denuncia que un empresario de 80 anos de idade, de Lugo, podería perder a vivenda na reside dende hai 30 debido a un débeda de 15.000 € nunha “carencia de amortización de dous anos por un crédito de 70.000 €, tras ter que hipotecala por un problema de actividade profesional”.
O voceiro de Stop Desahucios en Lugo, indicou que, por esa carencia de dous anos, se “duplicaron” os intereses, ao aplicárselle tres puntos de intereses por enriba do euribor fixado nese momento. “Calquera que vexa isto deduce que se trata dunha estafa”, subliñou, e constatou que o octoxenario afectado podería verse obrigado a abandonar a súa vivenda por esa cantidade que lle reclama Novagalicia Banco.
O responsable de Stop Desahucios cualificou a banca de “usureira” pola aplicación de cláusulas abusivas que descoñecen o 95% dos afectados, incluíndo aquí a todos os que asinaron unha hipoteca e “non só aos que se atopan en risco de ser desafiuzados”.