'Qué te cuentas?'

Agustín Baamonde, deputado do PP a un parlamentario de AGE, «Ayatolah, non me toques a pirola»

Esa foi a frase que empregou o deputado popular Agustín Baamonde en resposta ao deputado de Alternativa Galega de Esquerda (AGE) Juan Fajardo, cando acusou ao goberno galego de manipular a información– durante unha propisoción non de lei presentada pola Bloque para dotar os traballadores da CRTVG dun estatuto profesional-.

Baamonde ofreceu, durante o Pleno do Parlamento de Galicia –non nun garito, nin nunha taberna- que esa última palabra malsoante podería substituirse por «moviola». Mentres, o voceiro do Bloque, Francisco Jorquera, se persignaba…eso mesmo, presignabase, no seu escano.

Fajardo comezou recriminar a presidenta da Cámara, Pilar Rojo, que non advertise ao seu compañeiro de filas, ao que ela replicou recordándolle que xa fora apercibido dúas veces de expulsión do pleno…e, de seguido, o deputado de AGE saiu do hemiciclo decíndolle aos parlamentarios populares que a el só lle tocaría quen el quixese.

O que non que non quedou claro é si a próxima ocasión na que ao deputado popular non lle guste algo que se diga no Parlamento botará mán doutro tema lexendario de ‘Siniestro’: ‘es que me pica un huevo’.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.