Vigo al minuto

Os traballadores de Freiremar manifestaranse este xoves en Vigo

Os traballadores de Freiremar convocan a todos os cidadáns a secundar a manifestación, convocada este xoves, día 28, as 10, dende o Recheo de Bouzas ate a Delegación da Xunta en Vigo, para denunciar a súa situación.

Hai que lembrar que o pasado día 19 foron despedidos 101 dos 114 membros da plantilla, sen cobrar nin as nóminas atrasadas nin as indemnizacións por despido, algo que non aceptan os traballadores que aseguran que, ainda que a empresa afirma que non ten cartos para pagarlles, a realidade e que nas naves de Freiremar hay almacenadas 1.500 toneladas de peixe, que vale preto de 2 millóns de euros.

Os representantes dos traballadores salientan que a intención da empresa é “desfacerse da parte comercial e de elaboración e quedarse so cos barcos” para o cal, aseguran, “xeraron perdas artificiais e, deste xeito, poder pedir o concurso de acreedores”.

 

También te puede interesar