Traballadores de Freiremar, que o pasado día 19 aplicou un Expediente de Regulamento de Emprego (ERE) que afecta a 101 dos 114 membros da plantilla, manifestáronse este martes diante do Parlamento de Galicia para denunciar a súa situación: non cobraron nin as nóminas atrasadas nin as indemnizacións por despido.
Ademáis, os traballadores afirman que, ainda que a empresa afirma que non ten cartos para pagarlles, a realidade e que nas naves de Freiremar en Vigo hay almacenadas 1.500 toneladas de peixe, que vale preto de 2 millóns de euros.
O Comité de Empresa da firma asegurou que este ERE é nulo xa que contén numerosas irregularidades na tramitación e,”foi negociado de mala fe pola empresa “, non so porque relizou os despedimentos coa mínima indemnización legal, senón que non presentou un proxecto alternativo nin formulou medidas menos radicais e perxudicais para os empregados.
Na actualidade, o Comité está traballando na elaboración dun “contrainforme económico”, que agarda ter rematado antes de finais de ano, “nel amósase que Freiremar é viable” que “as plantas de Vigo tiñan perspectivas de traballo” e que, cando a situación económica empeorou hai meses, “a empresa non tomou medidas correctoras para evitar chegar aos despedimentos”.
O representante da CIG no mesmo subliña que a actuación dos directivos da firma estivo encamiñada ao “desmantelamento das plantas de traballo, para salvagardar unha única parte da súa actividade: a flota pesqueira”, ademáis, reitera que, ainda que no caso de que os despedimentos fosen definitivos, Freiremar ten uns activos que superan “con moito” a débeda de 180 millóns de euros presentada pola empresa.
Así o expresaron na multitudinaria manifestación , en Vigo, o pasado xoves. A mesma, que é parte das acción de mobilización que ten previstas a plantilla, saiu a primeira hora da mañá dende a planta da empresa en Bouzas, ate a Delegación da Xunta, na que pediron unha resposta as súas demandas.