Vigo al minuto

O encendido dunha árbore xigante na Porta do Sol inaugura o Nadal en Vigo

O alcalde encendeu as luces da árbore de Nadal colocado na Porta do Sol/Tresyuno Comunicación

Co encendido das luces de Nadal –representadas por unha árbore xigante- este xoves na Porta do Sol, deu comezo o programa de actividades organizado polo Concello, en toda a cidade, para estas datas, e que podes consultar premendo AQUÍ.

Para nenos e nenas, haberá Campamentos no Vigozoo, nas Ludotecas e nos Centros Cívicos; Contacontos no Verbum, na Biblioteca Juan Peñafel, no Casco Vello, no Café de Catro a Catro, na Biblioteca Neira Vilas, na Libraría Hobit-Navia, Libraría Andel, na Asociación Fonte do Galo, na Casa da Xuventude e en Valadares.

O programa inclúe música, teatro e baile no Hospital Xeral, no Museo Verbum, no MARCO e no Auditorio Municipal. O Auditorio Mar de Vigo acollerá o Parque Infantil do Nadal de Vigo e a Biblioteca Juan Peñafiel porá en marcha obradoiros de lectura. Non se esquece o Deporte, co Torneo de Nadal Fútbol 7, “Concello de Vigo”, con máis de 600 participantes e a XXI Festa do Judo Infantil, no Ifevi, para máis de 1.500 nenos e nenas.

Para a mocidade, estarán, de novo Súbete ao Castro e Vigosónico, con torneos de distintas modalidades deportivas, ximcanas, teatro e concertos.

O Programa para toda a familia inclúe o Circo de Nadal de “La fiesta escénica”; o musical “El gato con botas”; Vigolandia -no Ifevi-; a exposición Days of dinosaur, que continúa aberta no recinto feiral de Vigo; e a pista de xeo -en Samil-.Tamén haberá espazos para a música e o teatro, que chegarán da man de Pablo Díaz, de Uxía e de Matreska Teatro, que actuarán no Auditorio Municipal. Rosalía Pequeniña. No Auditorio Mar de Vigo actuará o Orfeón Rei Rivero e o Orfeón Airiños de Vigo, ademais de Panxoliñas nos centros e servizos ás persoas maiores.

As actividades deportivas inclúen a VII Subida ao Castro, o Gran Premio Nadal de Atletismo e a carreira San Silvestre 2013.

Árbore da Porta do Sol/Tresyuno Comunicación

Alumeado

Respecto do alumeado de Nadal, funcionará dende hoxe ata o 7 de xaneiro, con luces de baixo consumo. O horario será todos os días ata a media noite e fin de ano e noiteboa funcionará todo o día.

Haberá 212 rúas iluminadas, casi un 30% máis que o ano pasado, coa incorporación de 50 novas: González Sierra, Venezuela, Plaza Fernando el Católico, Vitoria, Marqués de Valladares, Reconquista, Uruguay, Pza da Tellada, Isleta Manuel de Castro, López Mora, Torrecedeira, Pizarro, Gran Vía, Oporto, Val Miñor, Cruce Pontevedra-Inés Pérez de Ceta, Arenal, Concepción Arenal, Carral, Aragón (peatonal), Ramón Nieto, Rosalía de Castro, Cruce dos Caños, Cruce Urzáiz-Gregorio Espino, Praza Suárez Llanos, Eduardo Cabello, inicio Tomás Alonso, Centro Cultural Becerreira, Local Social Candeán, AVV da Feira, Asociación Parada, Jenaro de la Fuente, Manuel Núñez, Doctor Cadaval, Pza Kruckemberg, Portela, Jesús Fernández, Pi y Margall, Maestro Mateo, Escaleras de la Piedra, García Olloqui. Ampliáronse en Sanjurjo Badía, Teixugueiras, Castelao, Coruña, Florida, Fragoso, Velázquez Moreno, García Barbón, Urzáiz, contorno do estadio de Balaídos.

 

También te puede interesar