Galicia

Dous novos imputados como responsables doutros tantos incendios forestais

A Policía Autonómica informou da imputación dun home e unha muller como presuntos autores doutros tantos incendios forestais acontecidos no concello coruñés de Rois.

Os axentes procederon a imputar un home como presunto autor dun incendio forestal na parroquia de Urdilde. O lume, que afecto a 1.600 metros cadrados, aconteceu a semana pasada, a raíz do escape dunha queima na que non se adaptaron as medidas de prevención necesarias.

Por outra banda, a policía tamén imputou a unha muller como presunta autora dun incendio forestal na parroquia de Buxán o pasado martes. O lume arrasou 1.000 metros cadrados e tamén se orixinou nunha queima incontrolada.

En ambos os dous casos, as dilixencias do suceso foron levadas ao Xulgado de Instrución de Garda de Padrón. Con estas últimas, xa son 113 as persoas detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais de Galicia.

 

También te puede interesar