Galicia

O AVE a Galicia, será de vía única ou de vía dobre?

O BNG ven de facer unha serie de preguntas á ministra de Fomento, no Congreso do Deputados, no que pide que aclare “dunha vez” se hai rebaixas nas características do AVE a Galicia. Os nacionalistas queren saber si hai unha decisión firme de construir tramos de vía única onde proxectáronse de vía dobre.

“Ante a evidencia de que Fomento está facendo tramos de vía única na línea de Alta Velocidade Madrid-Galicia, este grupo quere saber en cales deles haberá vía dobre e en cales será única”, ademáis o BNG pide que se diga si “dende un punto de vistá técnico pódese consideran AVE se se rebaixan as súas características” e se se mantén a data de 2018 para rematar o treito Lubián- Ourense.

“Vai sendo hora de que a ministra informe con claridade”, logo de que as empresas comezasen xa a vía dobre entre Olmedo e Medina del Campo, “vía única entre Medina e Coreses e, de novo, vía dobre ate Zamora”. Na opinión do Bloque, é un “segredo a voces que os recortes de Fomento chegarían ao AVE a Galicia”.

 

También te puede interesar