O Concello de As Neves, logo da aprobación do Plan de Obras e Servizos Provincias de 2013, por parte de Deputación, ven e recibir do devandito plan 133.000 € para a realización de distintas obras e o pago de gastos correntes, dacordo coa solicitude feita polo propio goberno local.
As mesmas destinaranse á pavimentación, mellora da rodadura, limpeza de cunetas, arcenes e taludes, ademáis da posta en rasante de 10 tapas de pozo de rexistro de alcantarillado do camiño da Carrasqueira e Viña do Pazo, entre outros, en Taboexa, por un importe de 46.364 €.
Ademáis acometerase a mesma obra nos camiños de Lombo, en Rubiós e a Caiña, por un importe de 32.981 €, asi como as obras de reposición do canle do regato da Fraga do Medio, no lugar de Extrema, en San Xosé de Ribarteme, cun custo de 43.168 €. As mesmas servirán para reparar os danos causados polas riadas que leváronse parte da estrada municipal con grave peligro para o tránsito. A actuación realizarase de xeito que se manteña limpo a canle do río e se evite calquera tipo de verquido nel.
Á marxe, 10.552 € destinaranse ao pagamento de facturas de consumo de enerxía eléctrica.
Precisamente, este luns, día 9, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra acordou a concesión de subvencións por un importe total de 6,3 millóns de euros para diversas obras nos concellos da provincia, no marco do Plan de Obras e Servizos da Administración Provincial.
Esta relación é a primeira dunha serie de proxectos que os concellos presentaron nos últimos meses para obter financiamento por parte da Deputación e que se completarán nas próximas semanas coa aprobación de novas axudas ata completar 12 millóns de euros.
O total de actuacións incluídas neste plan supera as 140, das cales 43 foron aprobadas este luns e súmanse ás que xa se foron autorizando en días pasados.
A Deputación de Pontevedra financiará integramente as obras no 89% dos casos, mentres que no 11% restante haberá achegas dos concellos. Desta forma, a inversión total nas 43 actuacións ascende a 9,1 millóns de euros.
Trátase de obras prioritarias, dado que o groso dos investimentos se refire a actuacións de acondicionamento, mellora ou humanización de viais, especialmente camiños rurais (29 obras, o que representa o 67% dos proxectos subvencionados).