A Sanidade en Folga, este luns e o martes

Este luns e mañá, martes, días 9 e 10 de decembro, a Sanidade Pública Galega está en folga, convocada polas centrais sindicais para protestar polas medidas de recorte e nos medios humanos, ademais de para pedir a “inmediata paralización” da aplicación do copagamento en medicamentos.

Os convocantes salientan o seu rexeitamento aos “recortes en medios humanos”, sobre todo en persoal facultativo, que repercuten “negativamente na asistencia sanitaria”, tanto en centros de saúde como hospitais. Por iso, esixen a reedición da taxa de reposición e os contratos lixo.

Os sindicatos esixen, ademais, a inmediata paralización” de calquera intento de aplicación do copagamento en medicamentos hospitalarios, que consideran “un atentado contra o dereito á vida dos enfermos” e “unha ofensa á ética profesional” dos facultativos que os atenden.

Outro dos puntos solicitados é a apertura dunha negociación sobre as áreas de xestión clínica para que “deixen de ser un instrumento para privatizar a sanidade pública”. Tamén piden iniciar unha negociación para concretar o proceso de recuperación dos “dereitos laborais e retributivos” que perdeu o sector dos facultativos durante a crise.

A folga pecharase mañá cunha ‘Grande Marea Branca’ pola sanisade pública á que está convocado todo o persoal sanitario, traballadores de hospitais e centros de saúde e” a toda a sociedade en xeral”, e que levarase a cabo en 13 manifestacións e concentracións noutros tantos concellos galegos.

 

También te puede interesar