
O pasado 1 de agosto, durante un Pleno do Concello de Viveiro, Melchor Roel Rivas, fora da orde do día comunicou á Corporación, “unha pequena cuestión: agora vou pasar un proceso de cura e loita, é contra un cancro de pulmón”. Este martes, o PSdG confirmou a súa morte no Hospital Comarcal de Burela aos 59 anos de idade.
Melchor Roel, ademáis de alcalde de Viveiro, foi deputado provincial entre 2007 y 2011, no primeiro mandato de José Ramón Gómez Besteiro á fronte da Deputación de Lugo, estando a cargo das competencias de Personal.