A Asociación Cultural “O Coto” -o único grupo da nosa cidade cunha programación estable de rutas de sendeirismo enfocado especialmente a familias e nenos – organiza a última ‘Peque-ruta do ano 2013’ este domingo, día 15, por Cortegada, en Ourense.
A saída será ás 11 da mañá dende o Colexio Público Carballal (acceso pola Avenida do Aeroporto). Faráse un percorrido que partirá do balneario de Cortegada e que vai paralelo ao río Miño, “un fermoso camiño con abundantes sobreiras, carballos, loureiros, con un colorido espectacular nesta época do ano”, segundo subliñan os organizadores.