O Concello de As Neves ven de preparar toda unha serie de actividades, para os veciños e visitantes, de cara a estas datas, que abranguen dende música, pasando por xogos, obradoiros, entretenimento e a presenza dunha estrela da canción coa que dará comezo o ‘Nadal Cultural’ no Sol do Condado.
O domingo, día 15, as 7 da tarde, no Auditorio Municipal Vázquez Portomeñe, os fans da música moderna terán unha ocasión única de disfrutar da actuación de Lucía Pérez. A galega, que representou a España no ‘Festival de Eurovisión 2011’, na cidade alemana de Düsseldorf, logo de ser elixida pola maioría do público de TVE para que defendese o tema ‘Que me quiten lo bailao’.
O xoves, día 19, no mesmo escenario, haberá unha dobre proposta: ‘Música, exercicio e saúde para as Festas do Nadal’ e un Concerto-Festival d@s Alumn@s da Escola Municipal de Música de As Neves.
Domingo, día 22, aqueles que tiveron sorte no Sorteo da Lotería, tamén os que non, non poden faltar, as 5 e media da tarde, á cita co ‘Concerto de Panxoliñas’, nas voces de dúas das máis importantes corais de Galicia, a ‘Coral Santa María, de Pazos de Borbén’ e a “Santa María de As Neves’.
O día de Nadal, unha das actuacións máis agardadas do ano: a Concerto da Banda de Música Popular de Rubiós, no Auditorio, ás 7 da tarde. Hai que lembrar que a ‘Banda Municipal de Rubiós’, cunha historia de máis dun século, e que o verán de 2012 celebrou os 25 anos da súa refundación, é un dos referentes da música popular galega, cunha traxectoria de actuacións que a levaron dentro e fora do país.
Por suposto, o peche das celebracións de Nadal terá como invitados de honra ás Súas Maxestades Os Reis Magos, que estarán en As Neves o domingo, día 5 de xaneiro, ás 4 e media da tarde. Melchor, Gaspar e Baltasar participarán na Cabalgata, que sairá da Escola Municipal de Música, acompañada pola ‘Rondalla da Asocición Cultural de Pontellas’, pasará polas rúas principais e chegará ao Pavillón Municipal de Deportes onde as Súas Maxestades repartirán agasallos. A festa continuará con xogos, inchables e obradoiros.