Comarcas

Detido en Poio coma presunto responsable dun incendio forestal

Axentes da Xefatura Provincial da Policía Autonómica en Pontevedra vén de informar da imputación dun home como presunto autor dun incendio forestal imprudente no concello de Poio.

O lume ocorreu o pasado día 7 deste mes, a raíz dun escape dunha queima na que non se adoptaron as medidas de prevención necesarias. Froito da imprudencia, as lapas arrasaron 600 metros cadrados de superficie arborada e para a súa extinción foi necesaria a intervención do persoal do Servizo de Extinción de Incendios da Xunta.

Os axentes abriron as correspondentes dilixencias, que foron remitidas ao Xulgado de Instrución de Garda de Pontevedra.

No que vai de ano, un total de 114 persoas foron detidas pola Policía Autonómica como presuntos autores de incendios forestais en Galicia.

 

También te puede interesar