Vigo al minuto

O presidente do Comité de Empresa de Barreras estima en 1.200 os empregos directos que se crearán nos vindeiros meses

Barreras esta mañá/Tresyuno Comunicación

O presidente do Comité de Empresa de Barreras declarou este luns que “hoxe é un bo día para a empresa”, logo de que o coordinador de asesores de Pemex Carlos Roa, anunciase –no acto de entrada da Petroleira Mexicana no accionariado do asteleiro- que este ten o encargo de facer cinco barcos.

Sergio Gálvez, sinalou que “Pemex aposta por Barreras” e lembrou que a empresa leva xa 30 meses sen traballo e a plantilla en un ERE. O presidente do comité estima que entre finais de xaneiro e febreiro próximos, se podería iniciar a construción dun atunero encargado pola mexicana Procesa. Segundo Roa, a ese barco seguiríanlle un abastecedor para Diavaz, tres buques-tanque para Pemex, o flotel e outros tres barcos, as negociacións dos cales aínda non se pecharon.

Tendo en conta estas previsións, Gálvez adiantou que as bancadas de Barreiras poderán estar “cheas” en 9 meses e que entre o equipo do estaleiro e operarios das subcontratas que traballasen nas propias instalacións de Barreiras, podería chegarse a 1.200 persoas – preto de 4.000 traballadores “sumando talleres externos e outras auxiliares”.

 

También te puede interesar