Non é que a sorte veña a compensar o sufrimento dos 1.000 veciños -dos 6.500 que ten O Rosal- e que están afectados pola compra de Preferentes, pero non está nada mal que parte de O Gordo de Nadal, o 62.246, caese neste concello.
Alí a administración de lotería de Santiago Villa, na rúa Ramón Franco 13, vendeu algún décimos –en total uns 4 millóns- do número premiado o cal, agarda, leve na carteira algún dos aforradores estafados, “ainda que na familia non nos quedamos con este número”.
Se hai unha Plataforma de Afectados que teña acudido a todos os actos institucionais, plenos municipais, que se coñeza pola súa loita contra a inxustiza padecida por milleiros de pequenos aforradores que viron como os deixaban sen os cartos froito do traballo de toda unha vida, é a de O Rosal, que é, tamén o que ten máis membros “cosidos a multas” por manifestarse en toda provincia, dende a Deputación ate os xulgados de Tui, pasando polos salóns de Gondomar, As Neves, Nigrán, Tui, Mos ou Baiona, aos que levan dous anos esixindo que lles devolvan o que é seu.
Xulio Vicente, voceiro da Plataforma, asegurou a vigoalminuto que él personalmente non leva este número e que “non sei a quen tocoulle”, ainda que subliña que “O Gordo caeu en O Rosal logo de que dos mil afectados so quedemos 15 sen cobrar o que tiñamos nas Preferentes”. Vicente lembra a loita dos veciños afectados que, lamenta, “agora temos que ver como facemos fronte aos 20.000 € que temos en multas por manifestarnos para recuperar os nosos cartos…eso é o que terá que explicar o subdelegado do Goberno e varios alcaldes”.