Vigo al minuto

O Sergas propón un novo convenio a Povisa, de 8 anos de duración e 540 € por paciente atendido

O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) aportará a Povisa 540 € por cada paciente do servizo público galego que sexa atendido no policlínico, dacordo co acordo do novo concerto co hospital privado que o goberno galego aprobará no primeiro trimestre de 2014 e que terá unha duración de 8 anos, prorrogable por dous máis.

Nunha nota de prensa, a Consellería de Sanidade subliña que este é o primeiro paso dun trámite administrativo que rematará coa sinatura do devandito convenio. Deste xeito, “garántese a estabilidade do centro hospitalario de Povisa e permitirá a libre elección para a súa poboación de referencia”, conclúe a consellería.

 

También te puede interesar