Galicia

Ventos de máis de 100 quilómetros hora en varios concellos galegos

Os ventos superaron os 100 quilómetros por hora este venres en Punta Candieira, no concello coruñés de Cedeira, onde chegaron aos 105,7 quilómetros por hora; e en Fragavella, en Abadín –Lugo-, onde se situou en 104,9 quilómetros por hora.

De acordo cos últimos datos de Meteogalicia, en Xesteiras, en Valla a velocidade rexistrada foi de 98,5 quilómetros por hora, e neste punto as precipitacións deixaron 19,3 litros por metro cadrado.

Tamén este venres, en Muralla, en Lousame, a estación meteorolóxica rexistrou ventos de ata 98,5 quilómetros por hora e chuvia acumulada de 10,5 litros por metro cadrado.

En canto á ondada, segundo a información de Portos do Estado, a boia de Cabo Vilán-Sisargas dá conta de ondas de máis de 5 metros de altura significativa á 9 da noite deste xoves, e de 4,8 metros ás 7 da mañá de hoxe.

En Estaca de Bares, as ondas superaron os 5 metros de altura significativa -a que representa a altura media do terzo mais alto de ondas- ás 2 da mañá e os 4,92 xa ás 6.

Meteogalicia mantén a alerta laranxa en todo o litoral galego por ventos e ondada no mar durante esta xornada, na que o aviso é de cor amarela para o interior da comunidade tamén por ventos. O sábado manterase a alerta laranxa na costa e a alerta amarela reducirase ao leste de Galicia por neve.

 

También te puede interesar