Galicia

A Xunta anuncia que non subirá a peaxe das dúas autoestradas da súa competencia

A Consellería de Medio Ambiente ven de anunciar que manterá en 2014 os prezos das peaxes das autoestradas que son competencia da Xunta. Nun comunicado, a consellería indica que o incremento das tarifas, logo da aplicación do Índice de Prezos ao Consumo (IPC), “non supera os 5 céntimos en ningún dos traxectos da AG-55 –no Val Miñor- e AG-57- A Coruña-Carballo, o que permite a marxe necesaria para non repercutir a suba no usuario”.

A Xunta inclúe nos seus orzamentos “a subvención para as peaxes” das suas autoestradas, dacordo coa “consideración da situación económica e o interés xeral”.

 

También te puede interesar