Alerta amarela na costa antes da chegada, este luns, dunha nova fronte moi activa

Ventos fortes afectarán á costa galega este domingo o que manterá a alerta amarela, segundo informa a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet). Durante todo o día teremos ceos pechados, con precipitacións febles que poden traer treboadas.

O luns unha nova fronte moi activa achegarase a Galicia con chuvias e ventos fortes. Deste xeito predominarán os ceos moi anubrados con chuvias que comezarán polo oeste durante a mañá estendéndose progresivamente e que serán ocasionalmente fortes, principalmente na metade oeste pola tarde.

Xa pola noite as chuvias serán máis intermitentes aínda que poden vir acompañadas de aparato eléctrico. As temperaturas ascenderán en xeral, de xeito máis significativo as mínimas onde o ascenso será notable. Por cidades A Coruña e Ferrol terán 14º de máxima, Pontevedra e Vigo rexistrarán 13-cunha mínima de 9º-.

 

También te puede interesar