Galicia

29 empregados de Cerámicas O Castro, sen emprego dende este luns

A dirección de Cerámicas O Castro confirmou ao comité de empresa o despedimento de 29 traballadores na súa fábrica de Sada, medida que se fará efectiva este luns, día 30. Segundo o Comité de Empresa, esta medida pon “en grave risco a viabilidade da empresa e o emprego” e “deixa en precariedade a factoría”.

A presidenta do comité indica que a empresa alega que “non entran ingresos” para xustificar os despedimentos” e precisou que as solucións propostas polo comité de empresa, para evitalos, non se consideraron “rendibles” por parte da dirección. A representante dos traballadores angadiu que, dacordo coas contas que lle amosou a dirección, “non se ingresa nin para pagar a Seguridade Social ou os soldos”.

 

 

También te puede interesar