
Ducias de personas concentráronse esta mañá diante do número 51 da rúa Pizarro para evitar que Analía Méndez, unha muller separada, nai de dúas nenas de 10 e 15 anos sexa dsafiuzada do piso que ten alugado. Ainda que conta coa comprensión da propietaria do piso, esta comunicoulle a Analía que non pode agardar máis a que lle pague o alugueiro e os meses atrasados que suman unha cantidade de 5.500 €.
“Non hai sentenza xudicial, senon o compromiso coa propietaria de que teño que deixar a casa a finais de mes…non quero que teña que chegar ao xulgado poque é a única persona que me axudou”, indicou Analía.
Según a representante da Plataforma Antidesafiuzamentos de vigo e Val Miñor, o Concello comprometuse- por medio dos concelleiros Santos Héctor e Isaura Abelairas- a pagar a débeda de Analía, pero elo non sulucionaría o problema, “porque non ten cartos para seguir pagando e, nun mes estaríamos na mesma situación, polo cal pedimos ao Concello que lle ceda un piso para que non quede na rúa”.
A representante da PAH Vigo- Val Miñor lembra que hai “40 pisos de propiedade municipal en Rosalía e que existe un compromiso por parte do alcalde de evitar calquera desafiuzamento en Vigo, pedímoslle a Abel Caballero que o cumpla”.

Analía ten concedida a axuda do RISGA, dende o mes pasado- feito que lle foi comunicado este xoves- ainda que non sabe cándo vai a comezar a cobrar, “ate o dagora sain adiante grazas a axuda de amigos e vendendo cosas que tiña na casa, porque o meu ex marido non me pasa pensión algunha para as miñas fillas”, comenta, ao tempo que afirma que co RISGA podería vivir, “con dificultades”, pero non seguir pagando o alugueiro, porque non lle quedaría para atender as necesidades básicas.