Comarcas

O 2014 chega este luns a Porriño

Porriño celebrará este luns día 30 a Noitevella cun simulacro das campanadas de Fin de Ano, onde se repartirán 2.000 porcións de uvas entre os asistentes para que poidan comelas coas badaladas do reloxo da Casa Consistorial, na praza Arquitecto Antonio Palacios.

Trátase dunha iniciativa celebrada por cuarto ano consecutivo “co obxectivo de poder celebrar este momento único do ano rodeado de amigos, compañeiros e veciños, todos nun único punto e non cada un nas súas casas”, indicou o alcalde.

Na festa, que comezará as 10 da noite, repartiranse ademáis , cotillones entre os asistentes, aínda que o concelleiro de festexos pediu que “os que cheguen próximos á hora se traian as súas uvas xa que, ante tanta afluencia de xente, sempre se esgotan todas as existencias”.

No evento tamén haberá actuacións de música, ofrecidas pola orquestra ‘Charleston Big Band’ e as rondalla de ‘Pontellas’ e ‘Santa Eulalia de Atios’.Trátase dun evento singular non só en Galicia, senón que tamén en toda España”, porque “Porriño é dos poucos lugares onde se celebra anticipadamente a Noitevella”, comentou o concelleiro.

 

También te puede interesar