Vigo al minuto

Cinco rondallas no tradicional desfile, dende o Calvario á Porta do Sol, este sábado

Rondalla/ Fotografía:sardomamusica.blogspot.com.es/

Cinco rondallas participan este sábado, un día antes da Cabalgata de Reis, nun concurso-pasarrúas polo centro de Vigo. O mesmo empezará ás 6 menos cuarto da tarde diante do Mercado do Calvario para percorrer toda a zona peatonal, Urzáiz, chegar a Príncipe e rematar na Porta do Sol.

As participantes son as representantes de Bembrive, Beade, Zamáns, Freixo e Valadares que, preto das 7 da tarde celebrarán o tradicional ‘encontro de abanderados’ na Porta do Sol, previo a cada unha das actuacións.

O desfile de rondallas é unha das ducías de actividades do Programa de Nadal 2013 do Concello, que abrangue Campamentos no Vigozoo, nas Ludotecas e nos Centros Cívicos; Contacontos, Música, Deporte, Circo, o ‘Parque Infantil de Nadal’ e que chega o domingo ao seu punto culminante coa Cabalgata de Reis, o domingo, día 5 ás 6 da tarde do nudo de Isaac Peral, logo da recepción ás Súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar, na Porta do Sol, unha hora antes.

 

También te puede interesar