O concelleiro do Partido Popular Antonio Bernárdez denunciou este venres que o goberno local incumple un acordo do Pleno do 25 de xuño- unánime- polo que o recibo da auga tiña que facturarse por consumo real e non por ‘tramos’.
“A día de hoxe non se fixo nada por cumplr ese acordo, agás a presentación de informes, mal feitos, non que non se reflicte o pago por consumo real e sobre os que non se adoitou decisión algunha”, indicou o concelleiro.
Bernárdez esixiu ao alcalde “explicacións” e que explique a causa deste incumprimento, especialmente porque o “Caballero asegurou que a ampliación do contrato de Aqualia era unha operación beneficiosa”.
O representate popular ironizou indicando que sí hai beneficio, “pero para a concesionaria, non para o Concello e os veciños”ao tempo que reclamou ao alcalde que diga “porqué consinte en que non se modifique o recibo e en qué empresa Aqualia os cartos que recada de máis”.