Vigo al minuto

O do bono de Vitrasa para parados de longa duración…pois que non

Onte votou ‘si’ a esta proposta pero hoxe, o alcalde, asegurou que non é viable. Abel Caballero declarou que o de pagar un bonobus aos parados de longa duración para que viaxen gratis no Vitrasa non é realista e levaría á ruína ao concello en poucos meses.

Segundo os seus cálculos, tendo en conta que en Vigo haxa entre 20.000 e 30.000 personas que leven máis de 2 anos no paro, o devandito bonobús tería un custo de entre 25 e 37 millóns de euros anuais. “Isto suporía a quebra total do Concello…se queren quebrar o Concello, que o digan xa”, dixo Caballero referíndose ao PP e o BNG.

Polo que se refire á intención de que deixar ás personas non empadroadas en Vigo á marxe das bonificacións de Vitrasa, o alcalde subliñou que “non imos pagar con cartos dos vigueses axudas ao transporte para cidadáns que no vivan en Vigo”, eso sí, amosouse disposto a chegar a acordos con concello como Mos ou Redondela para que asuman parte dos custos das liñas que vaian polos seus territorios.

 

You may also like