Comarcas

Veciños, Garda Civil, Proteción Civil e Policía Local buscan en Tomiño a un ancián desaparecido dende o xoves

Un amplo operativo integrado unhas 60 persoas e composto por veciños e efectivos de Garda Civil, Policía Local e Protección Civil busca en Tomiño a José Álvarez Vila, duns 80 anos, que desapareceu o pasado mércores tras saír a dar o seu paseo diario despois de almorzar.

Segundo fontes da Policía Local, a busca se iniciou este xoves- e que se centra na zona entre Figueiró e Goián -, cando a familia coa que residía na parroquia de Estás deu a alarma. A parroquia de Figueiró é o último lugar no que Álvarez Vilar foi visto por unha veciña e os efectivos que integran o operativo de busca temen que o ancián se desorientara ou puidera caer nalgunha pista forestal do municipio.

O ancián padece unha pequena deficiencia psíquica, aínda que non precisa de tratamento, é de baixa estatura e camiña con dificultade.

Os familiares e as Forzas de Seguridade agradecen calquera que poida ter información sobre o seu paradoiro que chamen de inmediato ao 062.

 

También te puede interesar