Galicia

Segundo o BNG, eliminar asesores da Presidencia da Xunta aforraría seis veces máis que reducir deputados

O voceiro parlamentario do BNG asegurou este domingo, nunha entrevista concedida á Cadena Ser que “suprimir a estrutura de asesores” do presidente da Xunta, “suporía un aforro seis veces superior ao presunto aforro que representaría a redución de escanos no Parlamento que pretende o Partido Popular”.

Segundo Francisco Jorquera, “o Partido Popular non pretende outra cousa que asegurar, a través dunha reforma electoral, feita única e exclusivamente á medida dos seus intereses, reter unha maioría absoluta que sabe que neste momento ten perdida na sociedade”.

O nacionalista subliñou que o PP tamén utiliza o argumento do aforro para “suprimir institucións básicas do autogoberno” e “reducir en democracia” pois “a actual lei electoral provoca que canto máis reducido sexa un Parlamento “maior sexa a distorsión que provoca a Lei D’Hont á hora de primar a representación das forzas políticas maioritarias”.

 

También te puede interesar