A dirección da Televisión de Galicia (CRTVG) enviou unha circular aos traballadores da compañía no que indica que a empresa reservase o dereito de monitorizar, comprobar aleatoriamente as webs consultadas por eles ou o contido dos mails que envíen dende as contas corporativas e limitar o uso de soportes informáticos alleos á empresa.
“Trátase de garantir a seguridade informática”, asegura a CRTVG ao tempo que recoñece que a orde foi dada pola dirección xeral da mesma.
Pola súa banda, a Central Unitaria de Traballadores (CUT), sindicato mayoritario na CRTVG, advirte que a dirección busca “reprimir e sementar o terror entre os traballadores” e vencella esta media ao intento de “acalar as voces que denuncian a manipulación informativa”.