Vigo al minuto

As ‘Adegas Bandeira’ serán un centro comercial de 14.000 metros cadrados

Zona na que estará o Centro Comercial Bandeira (Arquivo)/Tresyuno Comunciación

Se os prazos se cumplen, a mediados de 2015 haberá un novo centro comercial no lugar que ocupaban as antigas ‘Adegas Bandeira’, no cruzamento de Jenaro de la Fuente e Aragón. As obras, que deron comezo este venres, suporán, tamén, a humanización das rúas Vizcaia e Extremadura de xeito que, segundo o alcalde, esta zona “non terá nada que envexar ao centro de Nova Iorque”.

As mesmas consisten no traslado, reedificación e ampliación do antigo edificio das adegas, para a creación dun centro comercial, composto de dous andares para aparcamento, soto, semisoto, planta baixa e dous pisos para usos comerciais e recreativos, cunha superficie próxima aos 14.000 metros cadrados.

O mesmo terá un orzamento de 25 millóns de euros e nel haberá un supermercado de Mercadona de 3.600 metros cuadrados, e outros locais comerciales de lecer.

 

You may also like