Galicia

Este martes, máis chuvia

Este martes unha fronte vai cruzar Galicia dende o Oeste cara ao Leste, o que fará que o día esté cuberto polas nubes e que volte a chuvia. Esta empezará polo litoral atlántico a primeira hora e,  a medida que avance o día, chegará a todo o país.

Segundo a previsión de MeteoGalicia, as precipitacións irán diminuíndo durante a tarde e o vento soprará moderado do sueste con intervalos fortes no litoral durante a mañá e, a partir do mediodía, será moderado de compoñente Oeste.

Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. Así, as máximas ascenderán ata os 14 graos en A Coruña e Ourense, 13 en Pontevedra e Vigo (cunha mínima de 9) mentres que en Lugo baixarán ate os 4 graos.

O mércores, Galicia vai quedar nunha situación intermedia entre o anticiclón que se achega polo Atlántico e a borrasca centrada ao norte de Irlanda, o que deixará un corredor de ventos do noroeste que aportará aire frío e chuvias. Con esta situación, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos que serán máis frecuentes nas provincias da Coruña e Lugo

 

También te puede interesar