Vigo al minuto

Os máis de cen trabaladores despedidos de Freiremar volven a mobilizarse este mércores en Vigo

Os traballadores de Freiremar seguen diante da planta da empresa en Bouzas/Tresyuno Comunicación

Os máis de cen traballadores despedidos de Freiremar- aos que a empresa deixou na rúa sen indemnización e sen pagarlles unha media de dúas nóminas- seguen coas súas mobilización es este mércores, día 22, diante do Marco (6 a 9 da tarde), volven a concentrarse para seguir denunciando a súa situación.

Nunha rolda de prensa, este martes na sede da Confederación Intersindical Galega (CIG), informaron de que a audiencia para ver o expediente de resolución dos contratos laborales- que afecta a 334 dos 438 traballadores que Freiremar ten en todo o Estado- podería celebrarse a segunda quincena de marzo.

Na mesma, o Comité de Empresa presentará o seu contrainforme’ no que se expón as irregularidades na xestión da propia compañía e os “moitos defetos de forma e fondo” na tramitación dos despedimentos, entre eles “ a nula vontade negociadora dos responsables da empresa” ou o “entramado societario, formado por ate 57 compañías, moi semellante, salvando as distancias, co de Pescanova”, no que, segundo denunciaron os representantes dos traballadores, houbo constantes desvíos de fondos entre empresas, “trasladando beneficios dunhas a outras para deixar en perdas a aquelas nas que houbo despedimentos”.

Ate o de agora, o sindicato presentou demanda contra 7 delas e ten intención de seguir este mesmo procedemento coas 50 restantes que “conforman un artellamento societario moi complicado” con sedes en distintos países.

Paralelamente, solicitarán unha entrevista co conselleiro de Industria-logo de ter unha xuntanza co director do IGAPE- e cos administradores concursais – logo de que a empresa fose declarada en concurso de acreedores o pasado día 9 de decembro.

A día de hoxe, os empregados de Freiremar en Vigo están dados de alta no paro e agardan que se lles pague a cada un unha media de 4.000 € que é a débeda que a firma ten con eles, e que abrangue, ademáis de dous salarios e medio, a parte correspondente á indemnización por despedimento que Freiremar non pagou asegurando que non dispuña decartos para elo.

 

También te puede interesar