Comarcas

Afectados polas Preferentes acuden este sábado ao Pleno do Concello de O Rosal

A Plataforma de Afectados polas Preferentes do Baixo Miño acudirá este sábado, día 25, pola mañá, ao Pleno do Concello de O Rosal para preguntarlle ao alcalde cal foi o motivo de que votase en contra da retirada das sancións impostas aos afectados por manifestarse.

Segundo o voceiro da plataforma, “cómpre lembrar que en tódolos Concellos do Baixo Miño, agás no Rosal, votouse por maioría a retirada destas sancións irregulares. É chamativo que xustamente, no Rosal, o único Concello que votou en contra, é onde se acumula o maior número de sancións, sancións que pola contra, dende a mesma Garda Civil se nos informou de que, quen ten a capacidade sancionadora é o máximo responsábel do Concello, é decer, o Alcalde, e así mesmo, é quen decide se a sanción vai adiante ou se retira, e non o axente da Garda Civil como nolo querían facer ver dende o comezo”.

Pola tarde, a partir das 8, – nos baixos do Concello- a Plataforma ven de convocar unha asamblea informativa para todos os estafados, “agora é posible recuperar o cen por cen dos nosos aforros”, comenta o seu voceiro en referencia ao compromiso asumido polo presidente de Banesco- novo propietario de Novagalicia Banco- de dar unha solución aos aforradores engañados coas Preferentes, no prazo de 90 días-.

 

También te puede interesar