A nova remodelación do transporte urbano presentada polo alcalde, que ten prevista a súa posta en funcionamento a mediados de febreiro, foi criticada polos partidos políticos da oposición, “trátase dunha reorganización presentada aos medios de comunicación, antes que as forzas políticas”, salientaron no Pleno do concello vigués, este luns pola mañá.
O Partido Popular promove reducir o custo dos desprazamentos interurbanos “equiparándonos polo menos o resto de urbes galegas, de forma que non xere agravios comparativos e discriminatorios”. Pola súa banda, o BNG engadiu que o transporte metropolitano “é competencia da Xunta”, o plan proposto debería integrar “aos diferentes medios de transporte como os taxis ou viaxeiros en bicicleta”, sen olvidar incluir na medida “a gratuidade dos aparcamentos”.
A portavoz Iolanda Veloso, resaltou a necesidade das subvencións cara o sector dos parados, en canto as tarifas do transporte municipal. “A prioridade do goberno local está na situación económica cara as empresas concesionarias e non nos servicios públicos da cidade, como acontece cos desempregados que non teñen cartos e non os poden pagar”. No pleno tamén se aprobou a moción acerca da supresión das medidas relativas á cotización das persoas autónomas, en relación coa subida da base mínima de cotización.
En canto a reordenación das áreas sanitarias de Galicia, a tenente de alcalde, Carmela Silva subliñou que“estase supeditando a Vigo frente a Santiago e A Coruña, rompendo o equilibrio territorial”. Silva cifra en 300.000 persoas o desvío de pacientes de Pontevedra á cidade santiaguesa. Pola súa banda, o PP explicou que a reordenación na actividade sanitaria “é una medida para garantir o equilibrio nas diferentes áreas”, ademáis da “reducción nas listas de espera dos pacientes, en ciruxía quirúrxica de 110 días pasaron a 38”.
Ante o actual mapa sanitario gallego, o nacionalista Domínguez Oliveira puntualizou que un obxetivo claro desta medida “é a privatización da sanidade pública”, o que “elimina pacientes”, así como “uso de altas tecnoloxías do Complexo Hospitalario de Vigo”. Por ese motivo o BNG instou á Xunta manter o mapa sanitario e “esixir que o novo hospital de Vigo teña a dotación necesaria para consolidarse como área punteira para as provincias de Pontevedra e Ourense, naquelas especialidades que non podan ser atendidas nás súas áreas respectivas”.
En medidas relativas ao plan de emprego das FAVEC, a Corporación Municipal solicitou o goberno local a retomar o diálogo coa Federación de Veciños, así como solucionar os problemas derivados por non ter asinado o convenio anual do 2013 e auxiliar os pagos pendentes.
Finalmente, en relación as obras de cimentación dos nichos do cementerio de Teis que sofren risco de derrumbamento, así se reflicten nos informes dos técnicos municipais, afectando a terreos de dominio público, dende o goberno local explicaron que “na aprobación dos presupuestos municipales xa está consignada a devandita reparación”.