O litoral galego pasa de alerta laranxa a vermella por ondas de 8 e 9 metros

MeteoGalicia elevou para a tarde deste luns a alerta no litoral de A Coruña, que será de nivel vermello por ondas de entre 8 e 9 metros.

A borrasca que pasa preto de Galicia esta xornada mantén en alerta toda a costa galega, ademais de alerta amarela por nevadas na montaña de Ourense e Lugo e por ventos fortes no litoral. Segundo recolle o Boletín de tempo meteorolóxico de MeteoGalicia, a alerta laranxa estará activada durante todo este luns na costa das provincias de Lugo e Pontevedra. Na Mariña esperan ondas de 6 a 8 metros, mentres que en Pontevedra poderán ser de 5 a 6 metros.

Así mesmo, o litoral de A Coruña permanecerá tamén en alerta laranxa ata as 6 da tarde, cando se activará a alerta vermella. MeteoGalicia manterá o máximo nivel de alerta nesta zona da costa ata 6 da mañá do martes, xa que esperan ondas de entre 8 e 9 metros.

No tocante ás nevadas, atopa activa para este luns a alerta amarela na montaña de Ourense e Lugo -por enriba dos 900 metros-, nunha xornada na que se prevén acumulacións de máis de cinco centímetros de neve.

Pola súa banda, actívase a alerta amarela por ventos fortes do oeste -entre as 6 da mañá e as 9 da noite deste luns- na Mariña Lucense e o noroeste da provincia de A Coruña; mentres que no oeste de A Coruña e o litoral de Pontevedra tamén estará baixo alerta amarela, neste caso, entre as 3 da tarde e as 9 da noite.

 

También te puede interesar