Podería ser así á vista do que aforraría no recibo de auga, máis aínda tendo en conta que este venres un profunda borrasca moverase polo Norte cara ás Islas Británicas, deixando a Galicia no radio de acción das frontes asociadas a ela. Así, durante o día achegarase unha fronte cálida que deixará os ceos cubertos con chuvias máis abundantes durante a mañá.
Cara á noite chegará unha fronte fría polo Atlántico que deixará ao seu paso chuvias xeneralizadas e unha achega de aire frío que fará que a cota de neve empece a descender quedando arredor dos 1.300 metros xa na madrugada do sábado.
Segundo a previsión de MeteoGalicia, o vento soprará do sueste moderado con intervalos fortes no litoral Norte, rolando a Oeste fortes con momentos moi fortes no litoral pola noite.
As temperaturas ascenderán de modo entre lixeiro e moderado. Así, as máximas ascenderán ata os 15 graos en A Coruña, 14 en Pontevedra, Ourense e Ferrol, 13 e 9 en Vigo, mentres que as mínimas descenderán ata os 5 graos en Santiago.